Xa temos listo o noso tendal cos calcetíns!
Que ben o fixeron!
O domingo celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down por iso todos xuntos estivemos a realizar un obradoiro de calcetíns de diferentes cores, que posteriormente colgaremos nun tendal colocado nas fiestras do noso patio.
No 2011 elexiuse este símbolo para este día, debido a semellanza que ten o calcetín co cromosoma 21. Ademáis, no 2018 unha nena británica con este sídrome viralizou a práctica de utilizar este día calcetíns de diferente cor, a través dun video que publicou.
Mirade que ben o fixeron!!
Hoxe disfrutamos cunha visita virtual ao MUNCYT ( Museo da ciencia da Coruña).
Realizamos un percorrido histórico pola cinematografía, dende a súa orixe ata os nosos días. Así mesmo, coñecimos os aparatos que se ulizaban para a realización de cine e incluso como eran as técnicas para a realización dos debuxos animados (taumatropos, as sombras chinescas, o praxinoscopio...).
Disfrutamos un montón co noso obradoiro de taumatropos.
O día 22 de marzo celébrase o "Día Mundial da Auga" e por iso estamos a realizar diferentes experimentos coas nosas nenas e nenos.
Un dos nosos experimentos foi o de traballar a humidade da auga, coa finalidade de que observasen a cantidade de auga que contén o aire.
A experiencia gustoulles moito !!
Dentro do proxecto "Vivir en Viveiro que bonito é" seguimos a traballar no rueiro de Viveiro, utilizando as fotos aportadas polas familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
SE QUEREDES VER AS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON PARA CONMEMORAR ESTE DÍA, AQUÍ DEIXO O ENLACE Á EQUIPA DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
ESTES SON OS MOUCHOS DA NOSA AULA.
OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...