lunes, 22 de marzo de 2021

ELMER

 Hoxe disfrutamos dun conto moi especial "ELMER" que nos enviou a Asociación Down de Lugo.

Gustounos moito e debuxamos todas e todos o noso elefante Elmer.

Pasámolo xenial!!


 


miércoles, 17 de marzo de 2021

 Lembrade que todas as actividades en relación a Normalización e Dinamización da Lingua están colgadas no blog correspondente.

Normalización da Lingua

 O domingo celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down por iso todos xuntos estivemos a realizar un obradoiro de calcetíns de diferentes cores, que posteriormente colgaremos nun tendal colocado nas fiestras do noso patio.

No 2011 elexiuse este símbolo para este día, debido a semellanza que ten o calcetín co cromosoma 21. Ademáis, no 2018 unha nena británica con este sídrome viralizou a práctica de utilizar este día calcetíns de diferente cor, a través dun video que publicou.

Mirade que ben o fixeron!!

 

 

 


martes, 16 de marzo de 2021

 Hoxe disfrutamos cunha visita virtual ao MUNCYT ( Museo da ciencia da Coruña).

Realizamos un percorrido histórico pola cinematografía, dende a súa orixe ata os nosos días. Así mesmo, coñecimos os aparatos que se ulizaban para a realización de cine e incluso como eran as técnicas para a realización dos debuxos animados  (taumatropos, as sombras chinescas, o praxinoscopio...).


Disfrutamos un montón co noso obradoiro de taumatropos.

Estades feitos uns artistas!!


CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...