viernes, 29 de enero de 2021

VENRES 29 DE XANEIRO

 HOXE NO COLE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ E TODOS XUNTOS CANTAMOS A CANCIÓN

TODOS QUEREMOS PAZ




PODEDES CANTALA NA CASA COA VOSA FAMILIA TAMÉN. INTENTADE APRENDELA.

E PARA TI QUE É A PAZ? ( DEIXA A TÚA RESPOSTA NO APARTADO DE COMENTARIOS)

BICOS E APERTAS PARA TODOS.

jueves, 28 de enero de 2021

XOVES 28 DE XANEIRO

HOXE DEIXAMOS UN NOVO CONTO DE LIBRÍN E UNS DIVERTIDOS XOGOS.

 O REI QUE BORDABA ESTRELAS





BICOS E APERTAS PARA TODOS.
 
TAMÉN PODEDES VELAS NO BLOG DE LIBRÍN CON OUTRAS MOITAS COUSAS 
MÁIS.
 

lunes, 25 de enero de 2021

LUNES 25 DE XANEIRO

HOXE DENDE O COLE DEIXAMOS UN CONTO PARA QUE POIDADES VER E SE VOS ANIMADES PODEDES RESPONDER Á LIBRÍN. RECORDADE ESCRIBIDES NO APARTADO DE COMENTARIOS E DEBEDES DARLLE A PUBLICAR. PINCHADE NO TITULO PARA VELO.

CAMIÑANDO CARA A PAZ

E PARA ESCOITAR E VER, A CANCIÓN DA PAZ QUE CON TANTO CARIÑO INVENTASTES COA PROFE GENMA.GRACIAS SUPERHEROES.MERECEDES UN GRAN APLAUSO. PINCHADE NO TITULO PARA VELO.

TODOS QUEREMOS PAZ

viernes, 22 de enero de 2021

VENRES 22 DE XANEIRO

HOXE TOCA EMOCIÓNS. 

E AGORA UN XOGOS. 
 

E COMO VOS GUSTA TANTO BAILAR, UN ROCK DE EMOCIÓNS. 


E TI COMO TE SINTES HOXE?

jueves, 21 de enero de 2021

miércoles, 20 de enero de 2021

MÉRCORES 20 DE XANEIRO

HOXE DENDE O COLE DEIXAMOSVOS XOGOS PARA SEGUIR DIVERTINDOVOS CO CONTO DE BO CAMIÑO VALENTINO. PRIMEIRO UN EMPARELLA SINXELO. PINCHADE PARA ESCOITAR O NOME E A EMPARELLAR. AGORA MÁIS COMPLICADO. TENTADE LEER A ETIQUETA OU A PROBAR ATA ACERTAR. PODEDES FACELO VARIAS VECES ATA MEMORIZAR AS ETIQUETAS. E POR ÚLTIMO UNHA CARREIRA DE CABALOS. ÁNIMO QUE O CONSEGUIREDES. PARA CALQUERA DÚBIDA PODEDES EMPREGAR O WASSAP DO COLE OU O CORREO familiassanroque@gmail.com

lunes, 18 de enero de 2021

MARTES 19 DE XANEIRO

OLA PEQUES. HOXE DEIXOVOS O CONTO DE BO CAMIÑO VALENTIÑO PARA QUE RECORDEDES, E VOS SAIAN MOI BEN OS XOGOS. PINCHADE NO TÍTULO PARA PODER VELO.
BO CAMIÑO VALENTIÑO

E POR SUPOSTO OS XOGOS QUE TANTO VOS GUSTAN. O PRIMEIRO UNHA SOPA DE LETRAS. ESPERO ATOPEDES TODAS AS PALABRAS.

E TAMÉN UN XOGO DE MEMORIA. HOXE MÁIS PARELLAS. POÑEDE MOITA ATENCIÓN.

 

ESPERO QUE TODOS ESTEADES MOI BEN , E QUE ESTAS ACTIVIDADES VOS AXUDEN A ESTAR UN PEQUENO ANACO ENTRETIDOS. PRONTO PASARÁN OS DÍAS E TODOS PODEREMOS VOLVER A SAÍR A RÚA. BICOS E APERTAS MIL PARA TODOS. XA QUEDA MENOS.

LUNS 18 DE XANEIRO


OLA PEQUES . HOXE DEIXOVOS UN VIDEO COS VOSOS FERMOSOS DEBUXOS DO CONTO QUE TANTO VOS GUSTOU DE HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS. SI O QUEREDES VOLVER A VER PARA RECORDALO ESTÁ NA MARXE DEREITA NO APARTADO DE CONTOS.

E PARA XOGAR UN ANACO, UNS XOGOS DE MEMORIA QUE TANTO ME PEDIDES. PERO HOXE MÁIS COMPLICADO. DEBEDES POÑER MOITA ATENCIÓN.

E TAMÉN UN XOGO SINXELO PARA CLASIFICAR NUN LADO OURIZOS E NO OUTRO

TARTARUGAS.

XA TEÑO MOITAS GANAS DE ESTAR CON TODOS, PERO ENSEGUIDA PASARÁN OS DÍAS.

ESPERO QUE TODOS ESTEADES BEN. PODEDES DEIXARVOS MENSAXES ABAIXO NOS COMENTARIOS SI VOS APETECE.

DEIXAREIVOS SORPRESAS TODOS OS DÍAS PORQUE AÍNDA ASÍ PERMANECEREMOS UNIDOS E EN CONTACTO, PORQUE COMO SEMPRE VOS DIGO "OS CANGREXOS SOMOS UN BO EQUIPO".

                          QUEROVOS A MIL. BICOS E APERTAS NO AIRE PARA TODOS.

 

 

 

 

viernes, 15 de enero de 2021

VENRES 15 DE XANEIRO

OLA FAMILIAS. TAL E COMO VOS COMENTABA CANDO ESTREAMOS O BLOG,O EMPREGAREMOS COMO UNHA FERRAMENTA COA QUE MANTER CONVERSAS E CONTACTO CANDO A DISTANCIA NOS SEPARA. AGORA NESTE MOMENTO CRÍTICO NO POBO, APROVEITAREMOS PARA MÁIS QUE NUNCA ESTAR CONECTADOS CON TODAS AS FAMILIAS QUE O DESEXEDES. ONTE DEIXEIVOS NA MARXE DEREITA UNS XOGOS PARA QUE OS NENOS QUE ESTÁN NA CASA TAMÉN POIDAN XOGAR, E SEGUIR O RITMO DA AULA. TODAS SON TAREFAS VOLUNTARIAS PARA QUE FAGAN CANDO SE SINTAN CON GANAS. NON DEBEDES OBLIGAR NIN PRESIONAR ÓS NENOS, SENÓN DARLLES LIBERDADE PARA QUE SE MOVAN NO BLOG COMO ELES DESEXEN( XA O TRABALLAMOS NA CLASE NO PRIMEIRO TRIMESTRE). OS XOGOS E ACTIVIDADES SEGUIRÁN NO BLOG PARA O DÍA QUE ELES SE SINTAN MOTIVADOS. 

HOXE ACHEGOVOS UN ENLACE PARA QUE POIDAN VER AS ACTIVIDADES QUE PABLO LLES PROPÓN PARA INGLÉS. 

TAREFAS INGLÉS 

E UN CONTO QUE LIBRÍN LLES DEIXA PARA VER.

HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS 

DEIXOVOS TAMÉN UNS  XOGOS NOVOS.

 

 

 MOITO ÁNIMO E FORZAS PARA TODOS.

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.

SI OS PEQUES QUEREN CONVERSAR COS COMPAÑEIROS PODEN ESCRIBIR NO APARTADO DE COMENTARIOS . E DENDE A ESCOLA LLES CONTESTAREMOS.

miércoles, 13 de enero de 2021

O CAMIÑO DAS ESTRELAS

 HOXE NO COLE SEGUIMOS TRABALLANDO SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E OS PEREGRINOS. ENTRE TODOS ELABORAMOS ESTA SOPA DE LETRAS COAS PALABRAS DA CANTIGA "O CAMIÑO DAS ESTRELAS".

 


 

AQUÍ VOS DEIXO A CANCIÓN PARA QUE POIDADES ESCOITAR DENDE A CASA.

O CAMIÑO DAS ESTRELAS


 

martes, 12 de enero de 2021

OS PEREGRINOS

 LIBRÍN ESTÁ MOI CONTENTO COAS INVESTIGACIÓNS DOS PEREGRINOS QUE FIXO BRUNO. MOI BEN BRUNO, APRENDIMOS UN MONTONAZO CON TODO O QUE SABÍAS. PERO LIBRÍN PERCATOUSE DE QUE NA TABLET E NO MÓVIL ESTÁ DANDO PROBLEMAS A VISUALIZACIÓN DAS PREGUNTAS ASÍ QUE VOLAS DEIXO AQUÍ NO BLOG POR SI QUEREDES CONTESTAR ALGUNHA.

Para os maiores do cole quere poñervos un reto do que falaremos a volta das vacacións:

INVESTIGAR SOBRE.

a)-  OS PEREGRINOS QUE FAN O CAMIÑO

b)- O CAMIÑO DO MAR 

c)- QUE PODEN VISITAR OS PEREGRINOS QUE PASEN POR VIVEIRO.

Podedes mandar fotos e debuxos ao correo de Librín:

familiassanroque@gmail.com

HOXE NO COLE VIMOS OS BITS 2 DE INTELIXENCIA RELACIONADOS COS PEREGRINOS E PRACTICAMOS TAMÉN CO INGLÉS. PODEDES VELOS TODOS DENDE A CASA PINCHANDO DENDE AQUÍ , E VOLVENDO A PREMER SOBRE O ENLACE QUE VOS DA.

BITS PEREGRINOS

E SI QUEREDES PODEDES TENTAR RESOLVER ESTA SOPA DE LETRAS COAS PALABRAS APRENDIDAS. XA ME CONTAREDES SE FOSTES CAPACES. PINCHADE NA IMAXE .

BICOS E APERTAS A TODOS  OS QUE ESTADES NA CASA DOS VOSOS COMPAÑEIROS E DAS PROFES.

 

viernes, 8 de enero de 2021

OS AGASALLOS DE NADAL

HOXE NO COLE QUIXEMOS FACER UN DEBUXO DOS AGASALLOS DESTE NADAL. DECORAMOS O FOLIO, DEBUXAMOS OS AGASALLOS E ESCRIBIMOS O SEU NOME. NA CASA SI VOS ANIMADES A FACELO PODEDES COMPARTILO COS VOSOS COMPAÑEIROS A TRAVÉS DO MÓVIL DO COLE OU DO CORREO ELÉCTRONICO.


 





ESTES SON OS DEBUXOS DE HOXE. ANIMÁDEVOS A ENVIAR E COMPLETAMOS O VIDEO.


CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...