Esta semana tivemos os obradoiros en streaming do programa FAI CLIC AO TEU BOCATA , como complemento do noso proxecto “ ALIMENTAMONOS OU NUTRIMONOS” ( Plan proxecta aliméntate ben- xermoliño). Aprendimos moitas cousiñas interesantes para facer os nosos bocadillos saudables e apetecibles coas conservas do mar.
Dende o cole queremos contribuír a saúde de todas as nosas nenas e nenos fomentando merendas con valor nutricional axeitado á súa idade, e creando bos hábitos alimenticios como prevención de enfermidades.
E o martes e o xoves xa apareceron os primeiros bocatas do mar. E ben completos, con verduras tamén como preparaba a cociñeira.Que atentos estivestedes escoitando aos tres científicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario