lunes, 8 de febrero de 2021

LUNS 8 DE FEBREIRO

 HOXE ACTUALIZAMOS O XOGO COAS NOVAS FOTOS QUE FORON CHEGANDO

DENDE A CASA. ASÍ A ENCARGADA DE HOXE XA PUIDO DISFRUTAR DEL DESPOIS DE 

REMATAR A ASAMBLEA.


                                    

E HOXE TAMÉN COMEZAMOS COAS NOSAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 11F, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
NESTA OCASIÓN IMOS TRABALLAR COS ROBOTS. ASÍ QUE MANS A OBRA, CONSTRUIRON UNS ROBOTS QUE FACILITAN MOITO NA VIDA DIARIA.

EQUIPO FLOR CONSTRUIU ROBOT AMIGO. ESTE É UN ROBOT QUE XOGA CONTIGO NA CASA, A TODO O QUE LLE PIDAS.( UN REFLEXO DO QUE BOTAN DE MENOS NESTAS CIRCUNSTANCIAS)

O EQUIPO ROSA-VERMELLO CONSTRUÍU O MOUCHO ROBÓTICO. UN ROBOT QUE INVENTA COREOGRAFÍAS PARA AS CANCIÓNS QUE LLE POÑAS.


O EQUIPO PIRATAS CONSTRUÍU O ROBOT LÁPIZ. UN ROBOT QUE ESCRIBE SOBRE O PAPEL TODO O QUE TI LLE ESCRIBAS DEBUXANDO NO AIRE.


O EQUIPO CORAZÓN CONSTRUÍU O ROBOT VIAXEIRO. UN ROBOT QUE VIAXA Ó POLO NORTE EN BUSCA DOS AGASALLOS QUE LLE PIDAS.


E O EQUIPO DRAGÓNS CONSTRUÍU O ROBOT AXUDANTE. UN ROBOT QUE FAI SÓ TODAS AS TAREFAS DA CASA QUE LLE PIDAS.



E ASÍ DE BONITA ESTÁ A NOSA EXPOSICIÓN DE ROBOTS.


SEGUIREMOS FACENDO ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE.
AQUÍ VOS DEIXO UN XOGO PARA QUE O PASADES BEN DENDE A CASA.



                                        

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...