Hoxe foi un día moi especial, xa que contamos cunha obra virtual da compañía de teatro "A xanela de Maxín" titulada "A viaxe de Saira".
A historia conta o longo camiño que tivo que percorrer unha nena dende Francia a Compostela coa gárgola que fixera o seu avó, e así colocala na Catedral de Santiago de Compostela.
Aínda que o camiño non foi doado, a nena consegue o desexo do seu avó e colocala na catedral no Pórtico da Gloria.
Sen dúbida, foi unha nena moi valente!
No hay comentarios:
Publicar un comentario