Continuamos coa a actividade que iniciamos no mes de marzo "HORA DE LER", unha aventura promovida polo equipo da biblioteca, dentro de cada aula. Todos os mércores escoitamos o son dunha campá que nos avisa que é o momento da hora de ler.
Con esta actividade pretendemos recuperar a forza da palabra-voz, o arte de contar contos e o pracer de escoitalos, eses contos de tradición oral sen apoio do libro de contos, que axundan á memoria, á imaxinación, aos afectos e ao descubrimento das emocións.
Hoxe disfrutamos coa historia de Garavanciño e cantamos a cantiga deste neno tan pequerrecho. Pasámolo xenial!
mencanto el cuento
ResponderEliminar