Este curso estamos a practicar na aula para poder acceder a aula virtual.
Deixovos aquí os pasos para que dende a casa, se vos apetece, lles poidades axudar.
PASO 1
Entramos en Google.
PASO 2
Tecleamos o nome da nosa escola: EEI SAN ROQUE
PASO 3
Na páxina da nosa escola entramos na aula virtual (marxe esquerda arriba).
PASO 4
Pinchamos na palabra acceder ( marxe superior dereito)
PASO 5
Escribimos o nome de usuario e contrasinal.
USUARIO: nome.apelido1apelido2
Non debe ter letras maiúsculas nin tildes.
CONTRASINAL: NOME
Todo en letra maiúscula.
PASO 6
Pinchamos sobre o nome do noso proxecto VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É
LISTOS PARA NAVEGAR POR ONDE MÁIS NOS GUSTE: XOGOS, VIDEOS, TAREFAS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario