jueves, 15 de abril de 2021

OBRADOIRO DE CAROUTAS

 Hoxe comezamos o noso obradoiro de caroutas e na nosa clase de 6ºB eleximos a Maruja Mallo, unha muller que en Viveiro lembramos con moito agarimo.

Maruja Mallo foi unha pintora surrealista moi recoñecida en España e que formou parte da xeración do 1927, da vangarda española.

A artista aínda que viviu case toda a súa vida en Madrid naceu en Viveiro. Hoxe e lembrada por todos nós e contamos cunha rúa co seu nome na nosa vila.

Noraboa nenas e nenos, sodes uns artistazos!!




martes, 13 de abril de 2021

viernes, 9 de abril de 2021

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Dende o proxecto de biblioteca creativa, comezamos co noso obradoiro de monicreques

Pasámolo pipa!!



 

jueves, 8 de abril de 2021

miércoles, 7 de abril de 2021

Continuamos coa a actividade que iniciamos no mes de marzo "HORA DE LER", unha aventura promovida polo equipo da biblioteca, dentro de cada aula. Todos os mércores escoitamos o son dunha campá que nos avisa que é o momento da hora de ler.

Con esta actividade pretendemos recuperar a forza da palabra-voz, o arte de contar contos e o pracer de escoitalos, eses contos de tradición oral sen apoio do libro de contos, que axundan á memoria, á imaxinación, aos afectos e ao descubrimento das emocións.

Hoxe disfrutamos coa historia de Garavanciño e cantamos a cantiga deste neno tan pequerrecho. Pasámolo xenial!


 

 

martes, 6 de abril de 2021

 Hoxe festexamos o día internacional do libro infantil e xuvenil na nosa escola. 

Para este día tan especial Librín deixounos este conto:

ÉRASE DÚAS VECES CARAPUCHIÑA

https://youtu.be/FRMaPc2Yq2I


 

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...