jueves, 3 de junio de 2021

FAI CLIC AO TEU BOCATA

 Esta semana tivemos os obradoiros en streaming do programa FAI CLIC AO TEU BOCATA , como complemento do noso proxecto “ ALIMENTAMONOS OU NUTRIMONOS” ( Plan proxecta aliméntate ben- xermoliño). Aprendimos moitas cousiñas interesantes para facer os nosos bocadillos saudables e apetecibles coas conservas do mar.

Dende o cole queremos contribuír a saúde de todas as nosas nenas e nenos fomentando merendas con valor nutricional axeitado á súa idade, e creando bos hábitos alimenticios como prevención de enfermidades.

E o martes e o xoves xa apareceron os primeiros bocatas do mar. E ben completos, con verduras tamén como preparaba a cociñeira.Que atentos estivestedes escoitando aos tres científicos.




GRACIAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.SEI QUE TAMÉN OS TENTASTES COMER NA CASA. SODES OS MELLORES PEQUES. SEMPRE SUPERADES AS NOSAS EXPECTATIVAS.





viernes, 21 de mayo de 2021

MAIO MAIOLO

 Hoxe festexamos na nosa escola a tradicional festa dos maios.

Todos os nenos e nenas viñeron vestidos coa roupa típica desta festa e decoraron as fiestras da clase e corredor con flores, sombreiros...

Tamén cantamos e bailamos a cantiga dos maios, muiñeiras... e no patio pintamos flores con tizas de cores. 

Pasámolo pipa!!

viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS CASTAÑO

 Os nenos e nenas de cada aula realizaron un gran puzzle sobre Xela Arias. O alumnado se tres anos presentando á escritora, os de catro anos sobre as profesións e lugares onde viviu e traballou e os de cinco anos sobre os libros da autora e as súas traducións.

Posteriormente xuntamos todos os puzzles, xunto a un puzzle con retratos da escritora, formando un mural xigante. 

Na nosa clase realizamos o puzzle sobre as súas traducións e esta peza do puzzle dos retratos.




Xenial nen@s!!


miércoles, 12 de mayo de 2021

viernes, 7 de mayo de 2021

OLLADAS E RISOS.

 

OLLADAS E RISOS

As nenas e nenos da nosa clase realizamos un video, no cal contamos a historia dunha nena chamada Xela. Este conto foi escrito por un ex alumno da nosa escola, que hoxe xa ten 12 anos e que no lo enviou.

Nós realizamos unha montaxe cos debuxos de todas as nenas e nenos.

A disfrutar!!


 

lunes, 3 de mayo de 2021

T_LEMOS: A MISTERIOSA VISITA.

 Os alumnos e alumnas do CEP Lois Tobío relatáronnos a través de videoconferencia, un conto moi chuli titulado "La extraña visita".

Encantounos!!

Moitísimas grazas.

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...