viernes, 25 de junio de 2021

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZAS POR TANTAS COUSAS.

TAL E COMO ME DECIDES NAS VOSAS CARTAS, CORREOS...EU TAMÉN VOS SENTÍN PARTE DA MIÑA VIDA E DA MIÑA FAMILIA. XUNTO CO NACEMENTO DO MEU PEQUE, FOSTES O MELLOR QUE ME PASOU NESTES ÚLTIMOS TRES ANOS.

SEI QUE TODOS NOS MERECIAMOS OUTRA DESPEDIDA, AS FAMILIAS , OS NENOS E EU, PERO TAL COMO ME DECIDES A SITUACIÓN NON O PERMITIU. AÍNDA ASÍ EU SENTÍN O VOSO CARIÑO, PERO AS PALABRAS NON ME SAÍAN. SO PUIDEN TRAGAR SALIVA. A TRISTEZA DE ENTREGALOS POR ÚLTIMO DÍA, DE SOLTALOS DA MAN... PORQUE SE FAN MAIORES E DEBEMONOS DE SEPARAR.

QUERÍA DARVOS AS GRAZAS POR ACOMPAÑAR Á ESCOLA TAL E COMO PEDÍA NA PRIMEIRA REUNIÓN DE TRES ANOS, SEMPRE DA MAN A PESAR DAS COMPLICACIÓNS.

GRAZAS POR ENTENDER QUE AS PROFES TAMÉN TEMOS DEREITO A NUBLARNOS E COMETER ERROS, E FALALO SEMPRE DENDE A COMPRENSIÓN.

GRAZAS POR TODAS ESAS COLABORACIÓNS QUE SEMPRE ESTAMOS A PEDIR, E SIN AS CALES O TRABALLO POR PROXECTOS NON TERÍA SENTIDO.

GRAZAS POR FACER QUE ESTA SITUACIÓN TAN COMPLICADA PARECESE SINXELA.

GRAZAS POR VALORAR TANTO OS TRABALLOS FEITOS NA AULA, E TODO O QUE AQUÍ FALABAMOS.

GRAZAS POR TODAS AS PALABRAS QUE NOS CORREOS, NAS TITORÍAS... ME DECIDES.

GRAZAS PEQUES POR TODO O VOSO ESFORZO, QUE SEMPRE DEBE SER O QUE VERDADEIRAMENTE IMPORTA. O ESFORZO E A CONFIANZA EN VÓS MESMOS FARÁ QUE CHEGUEDES A DONDE QUEIRADES CHEGAR.

E COMO NON, GRAZAS E GRAZAS POR ESE FERMOSO AGASALLO. ESE MANDILÓN CON TODOS OS SEUS NOMES, QUE CON TANDO ORGULLO POÑEREI, PORQUE ME SINTO MOI ORGULLOSA E QUERO DECIR BEN ALTO QUE EU FUN A PROFE DESTE EQUIPAZO QUE FORMAMOS. E ESE VIDEO QUE POÑEREI CADA VEZ QUE OS SINTA EN FALTA, FEITO CON TANTO CARIÑO.E ESES PRECIOSOS DEBUXOS QUE SEMPRE ME ACOMPAÑARÁN.

MIL GRAZAS POR TODO. PODERÍA ESCRIBIR SIN FIN.


               SODES OS MELLORES CANGREXIÑOS.

                  PARA SEMPRE NO MEU CORAZÓN.

                       BICOS E APERTAS NO AIRE.

                       ESPERO VOLVERVOS A VER.

lunes, 21 de junio de 2021

FIN DE CURSO

                              O ÚLTIMO DÍA ENTRAMOS COMO AUTÉNTICAS ESTRELAS.



                       LOGO CONTACONTOS .PINCHADE NO ENLACE PARA VELO.


                                                 UN VIRUS LLAMADO AMOR


E LOGO MOITO TEMPO PARA XOGAR, SOBRE TODO O XOGO ELEXIDO, SER CIENTÍFICOS.SODES MOI CURIOSOS CANGREXIÑOS.MOITO ME GUSTA A VOSA CURIOSIDADE.





jueves, 10 de junio de 2021

AULA VIRTUAL

 Este curso estamos a practicar na aula para poder acceder a aula virtual. 

Deixovos aquí os pasos para que dende a casa, se vos apetece, lles poidades axudar.

 

PASO 1

Entramos en Google.

 

 PASO 2

Tecleamos o nome da nosa escola: EEI SAN ROQUE

 
 PASO 3

Na páxina da nosa escola entramos na aula virtual (marxe esquerda arriba).

 
PASO 4

Pinchamos na palabra acceder ( marxe superior dereito)

PASO 5

Escribimos o nome de usuario e contrasinal.

USUARIO: nome.apelido1apelido2

Non debe ter letras maiúsculas nin tildes.

CONTRASINAL: NOME

Todo en letra maiúscula.

 

 PASO 6

Pinchamos sobre o nome do noso proxecto VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É

 

 LISTOS PARA NAVEGAR POR ONDE MÁIS NOS GUSTE: XOGOS, VIDEOS, TAREFAS...

 

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...