lunes, 22 de febrero de 2021

VIVEIRO

 SEGUIMOS A ACTUALIZAR O XOGO COAS FOTOS QUE SEGUEN CHEGANDO.



 

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

TAMÉN AS EMPREGAREMOS PARA COLOCAR NUN MAPA RUEIRO QUE 

ESTAMOS A PREPARAR. COMO NOS GUSTAN OS MAPAS!!!







O ENTROIDO E O ENTERRO DA SARDIÑA

LIBRÍN DEIXANOS UNS VIDEOS PARA QUE POIDAMOS COÑECER O ENTROIDO

NOUTROS LUGARES DE GALICIA.

TAMÉN NOS DEIXA UN VIDEO PARA RECORDAR O ENTERRO DA SARDIÑA NA 

NOSA ESCOLA.

PODEDES PINCHAR NO SEGUINTE ENLACE PARA VELOS:

AMOR ÁS TRADICCIÓNS: O ENTROIDO E O ENTERRO DA SARDIÑA NA EEI SAN ROQUE

viernes, 12 de febrero de 2021

VENRES 12 DE FEBREIRO

 PARA REMATAR A SEMANA DEIXOVOS O ENLACE AO BLOG DE LIBRÍN PARA

QUE POIDADES VER TODOS OS TRABALLOS RELACIONADOS CO DÍA DA

NENA E A MULLER NA CIENCIA E TAMÉN XOGAR OS XOGOS QUE TANTO VOS

GUSTARON.

ESPERO SIGADES CREANDO MUROS DA CIENCIA NAS VOSAS CASAS. TEDES

UNHAS HIPÓTESES MOI INTERESANTES. ALGUNHA CIENTÍFICA SAIRÁ DESTA 

AULA.

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

jueves, 11 de febrero de 2021

XOVES 11 DE FEBREIRO

 ASÍ DE BONITOS NOS QUEDARON OS ROBOTS PLASMADOS SOBRE O PAPEL.

SON PARA LIBRÍN PARA O SEU MURAL DO DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA.

 

                     

           



E A NOSA CIENTÍFICA ELEXIDA FOI ÁNGELES RUIZ ROBLES. FOI MESTRA E INVENTORA. CHEGOU A GALICIA NO ANO 1918 E AQUÍ IMAXINOU COMO PODERÍA SER A ENSINANZA DO FÚTURO.FOI A PRECURSORA DO EBOOK PERO SOBRE TODO FOI UNHA MULLER VISIONARIA E EMPRENDEDORA.

ESTA FOI A OBRA PLÁSTICA QUE LLE ENTREGAMOS A LIBRÍN PARA O SEU MURAL.


ASÍ DE FERMOSO QUEDOU O MURAL.




miércoles, 10 de febrero de 2021

MÉRCORES 10 DE FEBREIRO

 SEGUIMOS ACTUALIZANDO O XOGO DE VIVEIRO COAS FOTOS QUE NOS 

SEGUEN CHEGANDO

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

E TAMÉN SEGUIMOS XOGANDO CO XOGO DA MECA PARA RECORDAR OS

MANDATOS DESTE ANO.



lunes, 8 de febrero de 2021

LUNS 8 DE FEBREIRO

 HOXE ACTUALIZAMOS O XOGO COAS NOVAS FOTOS QUE FORON CHEGANDO

DENDE A CASA. ASÍ A ENCARGADA DE HOXE XA PUIDO DISFRUTAR DEL DESPOIS DE 

REMATAR A ASAMBLEA.


                                    

E HOXE TAMÉN COMEZAMOS COAS NOSAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O 11F, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.
NESTA OCASIÓN IMOS TRABALLAR COS ROBOTS. ASÍ QUE MANS A OBRA, CONSTRUIRON UNS ROBOTS QUE FACILITAN MOITO NA VIDA DIARIA.

EQUIPO FLOR CONSTRUIU ROBOT AMIGO. ESTE É UN ROBOT QUE XOGA CONTIGO NA CASA, A TODO O QUE LLE PIDAS.( UN REFLEXO DO QUE BOTAN DE MENOS NESTAS CIRCUNSTANCIAS)

O EQUIPO ROSA-VERMELLO CONSTRUÍU O MOUCHO ROBÓTICO. UN ROBOT QUE INVENTA COREOGRAFÍAS PARA AS CANCIÓNS QUE LLE POÑAS.


O EQUIPO PIRATAS CONSTRUÍU O ROBOT LÁPIZ. UN ROBOT QUE ESCRIBE SOBRE O PAPEL TODO O QUE TI LLE ESCRIBAS DEBUXANDO NO AIRE.


O EQUIPO CORAZÓN CONSTRUÍU O ROBOT VIAXEIRO. UN ROBOT QUE VIAXA Ó POLO NORTE EN BUSCA DOS AGASALLOS QUE LLE PIDAS.


E O EQUIPO DRAGÓNS CONSTRUÍU O ROBOT AXUDANTE. UN ROBOT QUE FAI SÓ TODAS AS TAREFAS DA CASA QUE LLE PIDAS.



E ASÍ DE BONITA ESTÁ A NOSA EXPOSICIÓN DE ROBOTS.


SEGUIREMOS FACENDO ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE.
AQUÍ VOS DEIXO UN XOGO PARA QUE O PASADES BEN DENDE A CASA.



                                        

viernes, 5 de febrero de 2021

VENRES 5 DE FEBREIRO

OLA PEQUES!

SEGUIMOS COMPLETANDO O VIDEO DOS AVÓS E AVOAS COAS COUSIÑAS

QUE NOS VAN CHEGANDO DENDE A CASA.


 

XA COMEZAMOS A PRACTICAR NA CARREIRA POR VIVEIRO COAS FOTOS QUE NOS VAN CHEGANDO. IREMOS AMPLIANDO A MEDIDA QUE CHEGUEN. CANTO NOS GUSTA ELABORAR OS NOSOS XOGOS. AQUÍ VOS DEIXO PARA PRACTICAR DENDE A CASA.


                              

BICOS E APERTAS PARA TODOS.

jueves, 4 de febrero de 2021

XOVES 4 DE FEBREIRO

 HOXE COMEZAMOS COS ENSAIOS DA CANCIÓN DO ENTROIDO.

 DEIXOVOS O ENLACE Á DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA PRACTICAR DENDE A CASA.

A MECA DO ENTROIDO

NO COLE FIXEMOS O DEBUXO DA MECA DESTE ANO.




miércoles, 3 de febrero de 2021

MÉRCORES 3 DE FEBRERO

 OLA PEQUES!

HOXE NO COLE VIMOS O VIDEO DE FELICITACIÓNS DOS RESIDENTES DE DOMUS VI POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO, NO QUE A NOSA EEI SAN ROQUE TAMÉN PARTICIPOU.


APROVEITAMOS PARA FALAR DA IMPORTANCIA DOS NOSOS MAIORES.
TAMÉN FALAMOS DA ALCALDESA, AÍNDA QUE NINGUÉN SABÍA DECIR O SEU NOME. A VER SE MAÑÁ SE ALGUÉN CONSEGUIU AVERIGUALO.
CONVERSAMOS SOBRE OS NOSOS AVÓS E FIXEMOS UNS FERMOSOS DEBUXOS QUE PODEDES VER AQUÍ.


SE DENDE A CASA VOS ANIMADES A MANDAR DEBUXO, COMPLETAMOS O VIDEO.

BICOS E APERTAS NO AIRE PARA TODOS. 







martes, 2 de febrero de 2021

MARTES 2 DE FEBREIRO

OLA PEQUES!

HOXE DEIXOVOS O CONTO QUE LEMOS HOXE NA CLASE PARA SEGUIR CO PROXECTO 
DE VIVIR EN VIVEIRO QUE BONITO É. ESPERO QUE VOS GUSTE.

OS BOLECHAS VAN A VIVEIRO

TAMÉN VIMOS A CURTAMETRAXE QUE ESTÁ NA PÁXINA PRINCIPAL, BUSCANDO O NORTE. UNHA ADAPTACIÓN DUN CONTO DE OQO, PERO AMBIENTADA NA LOCALIDADE
DE VIVEIRO.

COMO ACTIVIDADE, PROPOÑOVOS QUE ELIXADES ALGÚN DESTES LUGARES DE VIVEIRO E QUE SAQUEDES UNHA FOTO DE ESPALDA SINALANDO PARA O LUGAR ELEXIDO. PODEDES ENVIALA Ó TELÉFONO MÓVIL DO COLE (646148944). EMPREGAREMOLA PARA MOITAS ACTIVIDADES. A PRIMEIRA QUE DECIDIRON OS COMPAÑEIROS FOI UN XOGO. UNHA NOVA CARREIRA DE CABALOS.

E NA PSICOMOTRICIDADE TENTAMOS APRENDER O SAÚDO AO SOL.DEIXO PARA QUE PASEDES UN BO ANACO.




BICOS E APERTAS NO AIRE PARA TODAS E TODOS.






lunes, 1 de febrero de 2021

LUNS 1 DE FEBREIRO

 CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO VIVIR EN VIVEIRO  QUE BONITO É, ASÍ QUE HOXE DEIXAMOS UN XOGO PARA SEGUIR DIVERTINDOVOS DENDE A CASA.



                             

ADEMÁIS VIMOS UN VIDEO DUNHA VISITA Á VIVEIRO COA QUE PODEDES CHARLAR EN FAMILIA E TENTAR IDENTIFICAR OS DISTINTOS LUGARES

QUE SE PODEN VER NO VIDEO.

VISITA VIVEIRO A PE

E A TI, CAL É O LUGAR DE VIVEIRO QUE MÁIS CHE GUSTA? ( DEIXADE A VOSA 

RESPOSTA DENDE A CASA NO APARTADO DE COMENTARIOS ).

BICOS E APERTAR PARA TODOS

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...