jueves, 25 de marzo de 2021

A PRIMAVERA

 Xa chegou a primavera e os nosos nenos e nenas realizaron un fermoso debuxo desta estación tan fermosa.

 
 Sodes uns artistazos e desexámosvos unhas felices vacacións!!

martes, 23 de marzo de 2021

A NENA PIRATA

 Hoxe tamén rematamos a nosa actividade plástica da poesía "A nena pirata" do libro de poemas Mar de mazá, de Elvira Ribeiro Tobío.


 


A VIAXE DE SAIRA

 Hoxe foi un día moi especial, xa que contamos cunha obra virtual da compañía de teatro "A xanela de Maxín" titulada "A viaxe de Saira".

A historia conta o longo camiño que tivo que percorrer unha nena dende Francia a Compostela coa gárgola que fixera o seu avó, e así colocala na Catedral de Santiago de Compostela.

Aínda que o camiño non foi doado, a nena consegue o desexo do seu avó e colocala na catedral no Pórtico da Gloria.

Sen dúbida, foi unha nena moi valente!



lunes, 22 de marzo de 2021

ELMER

 Hoxe disfrutamos dun conto moi especial "ELMER" que nos enviou a Asociación Down de Lugo.

Gustounos moito e debuxamos todas e todos o noso elefante Elmer.

Pasámolo xenial!!


 


miércoles, 17 de marzo de 2021

 Lembrade que todas as actividades en relación a Normalización e Dinamización da Lingua están colgadas no blog correspondente.

Normalización da Lingua

 O domingo celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down por iso todos xuntos estivemos a realizar un obradoiro de calcetíns de diferentes cores, que posteriormente colgaremos nun tendal colocado nas fiestras do noso patio.

No 2011 elexiuse este símbolo para este día, debido a semellanza que ten o calcetín co cromosoma 21. Ademáis, no 2018 unha nena británica con este sídrome viralizou a práctica de utilizar este día calcetíns de diferente cor, a través dun video que publicou.

Mirade que ben o fixeron!!

 

 

 


martes, 16 de marzo de 2021

 Hoxe disfrutamos cunha visita virtual ao MUNCYT ( Museo da ciencia da Coruña).

Realizamos un percorrido histórico pola cinematografía, dende a súa orixe ata os nosos días. Así mesmo, coñecimos os aparatos que se ulizaban para a realización de cine e incluso como eran as técnicas para a realización dos debuxos animados  (taumatropos, as sombras chinescas, o praxinoscopio...).


Disfrutamos un montón co noso obradoiro de taumatropos.

Estades feitos uns artistas!!


lunes, 15 de marzo de 2021

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

 O día 22 de marzo celébrase o "Día Mundial da Auga" e por iso estamos a realizar diferentes experimentos coas nosas nenas e nenos.

Un dos nosos experimentos foi o de traballar a humidade da auga, coa finalidade de que observasen a cantidade de auga que contén o aire.

A experiencia gustoulles moito !!




SEGUIMOS A TRABALLAR NO RUEIRO DA NOSA VILA!!

 Dentro do proxecto "Vivir en Viveiro que bonito é" seguimos a traballar no rueiro de Viveiro, utilizando as fotos aportadas polas familias.

Moitas grazas pola vosa colaboración.



lunes, 1 de marzo de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 SE QUEREDES VER AS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON PARA CONMEMORAR ESTE DÍA, AQUÍ DEIXO O ENLACE Á EQUIPA DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

DÍA DE ROSALÍA

ESTES SON OS MOUCHOS DA NOSA AULA.







CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...