jueves, 29 de abril de 2021

GUÍA DO CAMIÑO DO MAR E OS SEUS MONUMENTOS.

Neste enlace en PDF podedes contemplar a guía que realizamos, a través dunha montaxe coas fotografías e os debuxos dos monumentos realizados polos nosos nenos e nenas de 6º .

A disfrutar!!

https://www.edu.xunta.gal/centros/eeisanroque/aulavirtual/pluginfile.php/882/mod_resource/content/1/CAMI%C3%91O%20DO%20MAR.pdf

CAMIÑO DO MAR: RUEIRO DE VIVEIRO E OS SEUS MONUMENTOS.

Finalizamos o noso mapa rueiro!! 

Neste rueiro indicamos a ruta do Camiño do Mar de Viveiro, reflexando os diferentes monumentos que se poden contemplar nesta ruta tan marabillosa.




MONICREQUES : O LOBO FEROZ.

Hoxe disfrutamos cunha actuación de monicreques co conto "O lobo feroz", realizado por unha familia de sexto e outra de quinto, a través dunha videoconferencia.

Pasámolo xenial!

Graciñas familias!!

miércoles, 28 de abril de 2021

QUEBRACABEZAS POLA IGUALDADE.

Despois de varios días, hoxe rematamos o noso quebracabezas pola igualdade, xa que tanto as nenas coma os nenos somos tod@s iguais.



Bo traballo!!

PLANTAMOS.

 Hoxe plantamos unhas flores laranxas moi fermosas, chamadas TAGETES.





lunes, 26 de abril de 2021

O CAMIÑO DO MAR E OS SEUS MONUMENTOS.

Os nenos e nenas da clase do cangrexo estivemos a debuxar os monumentos máis emblemáticos que podemos contemplar, ao longo da ruta do Camiño do Mar.

                                  IGREXA DE SANTA MARÍA


                     PRAZA MAIOR E A ESTATUA DE PASTOR DÍAZ


                                      PORTA DE CARLOS V


                                  PONTE DA MISERICORDIA


                                             OS CASTELOS



viernes, 23 de abril de 2021

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

 Hoxe polo día do libro disfrutamos coa escritora Estefanía Padulles, que nos relatou un dos seus contos titulado A manchas ou a raias?, a través dunha videoconferencia.

Posteriormente realizamos unha pequena exposición cos debuxos das nosas mascotas e os animais do conto.

Tremendos artistas!!


jueves, 22 de abril de 2021

XOGANDO NO PATIO

Dende a volta de Semana Santa contamos con novos xogos no noso patio de recreo.


Que ben o pasamos!!

22 DE ABRIL: DÍA DA TERRA.

En colaboración co Concello de Viveiro tivemos unha charla sobre a reciclaxe.


Disfrutamos moito coa cantiga!!



miércoles, 21 de abril de 2021

TANGRAM DE ALIMENTOS SAUDABLES

 Dentro do Plan de innovación Xermoliño, as nenas e os nenos de 6ºB realizamos un gran tangram, utilizando recortes de folletos publicitarios e seleccionando os alimentos saudables.

 
Pasámolo pipa!!


EMOCIÓNS

 Na biblioteca xogamos na mesa de luz, compoñendo as diferentes emocións.


Que divertida é a mesa de luz!!

HORA DE LER

Hoxe disfrutamos coa historia da leiteira.

 Pasámolo xenial! 

 

 

 

 

 


martes, 20 de abril de 2021

QUEBRACABEZAS POLA IGUALDADE

Dentro do proxecto de bibliotecas creativas comezamos a realizar o noso quebracabezas da igualdade, xa que todas as nenas e todos os nenos somos iguais.



CAMIÑO DO MAR: RUEIRO DE VIVEIRO.

Finalizado o noso mapa rueiro con todos os monumentos emblemáticos da nosa vila.

Sodes xeniais!!

lunes, 19 de abril de 2021

viernes, 16 de abril de 2021

MANDALAS DA PRIMAVERA

                     Hoxe estivemos a realizar as nosas mandalas da primavera.

Sodes xeniais!!


jueves, 15 de abril de 2021

OBRADOIRO DE CAROUTAS

 Hoxe comezamos o noso obradoiro de caroutas e na nosa clase de 6ºB eleximos a Maruja Mallo, unha muller que en Viveiro lembramos con moito agarimo.

Maruja Mallo foi unha pintora surrealista moi recoñecida en España e que formou parte da xeración do 1927, da vangarda española.

A artista aínda que viviu case toda a súa vida en Madrid naceu en Viveiro. Hoxe e lembrada por todos nós e contamos cunha rúa co seu nome na nosa vila.

Noraboa nenas e nenos, sodes uns artistazos!!




martes, 13 de abril de 2021

viernes, 9 de abril de 2021

OBRADOIRO DE MONICREQUES

Dende o proxecto de biblioteca creativa, comezamos co noso obradoiro de monicreques

Pasámolo pipa!!



 

jueves, 8 de abril de 2021

miércoles, 7 de abril de 2021

Continuamos coa a actividade que iniciamos no mes de marzo "HORA DE LER", unha aventura promovida polo equipo da biblioteca, dentro de cada aula. Todos os mércores escoitamos o son dunha campá que nos avisa que é o momento da hora de ler.

Con esta actividade pretendemos recuperar a forza da palabra-voz, o arte de contar contos e o pracer de escoitalos, eses contos de tradición oral sen apoio do libro de contos, que axundan á memoria, á imaxinación, aos afectos e ao descubrimento das emocións.

Hoxe disfrutamos coa historia de Garavanciño e cantamos a cantiga deste neno tan pequerrecho. Pasámolo xenial!


 

 

martes, 6 de abril de 2021

 Hoxe festexamos o día internacional do libro infantil e xuvenil na nosa escola. 

Para este día tan especial Librín deixounos este conto:

ÉRASE DÚAS VECES CARAPUCHIÑA

https://youtu.be/FRMaPc2Yq2I


 

CARTA DE AGRADECEMENTO

 OLA FAMILIAS, OLA CANGREXIÑOS. QUERÍA APROVEITAR ESTE BLOGUE, QUE PENSO QUE TANTO NOS ACERCOU ESTE CURSO TAN COMPLICADO PARA DARVOS AS GRAZ...